ENTREVISTA A ALBERTO MANCEBO

O alumnado de oratoria tivo un feliz encontro co xornalista e escritor Alberto Mancebo que tivo a xenerosidade de visitarnos en pleno mes de xuño e recén publicada a súa novela “O que me quedaba por dicirche”. Pero do que se falou sobre todo foi del da súa profesión e tamén da súa formación. Un encontro moi interesante e no que aprendemos moito. Como colofón e para que coñezades tamén vós a este gran xornalista, fixemoslle unha entrevista.

Moitas grazas pola visita e esperavos volver verte noutra ocasión

MARIE ARATOR, PROFESORA VISITANTE

Esta semana estivo con nós a profesora Marie Arator, profesora visitante que imparte clases de español nun instituto francés no marco dunha estadía de observación entre a Académie d’Amiens e a Consellería de Educación de Galicia. Nesta semana, Marie acudiu ás clases de francés e puido observar como funcionaba o noso centro e os sistema educativo en Galicia. Moi interesante esta visita e agradecemos a Marie que nos atendese nesta entrevista. Merci pour ta visite!

OBRADOIRO DE RADIO

Cada ano temos unha actividade de formación na nosa radio. Este ano non ía ser diferente e estivo canda nós Pedro Iglesias que nos preparou dúas xornadas nas que aprendemos os principais elementos a ter en conta para facer un bo podcast e fixemos as primeiras prácticas. Agora a poñer en práctica todo o aprendido!

Entrevista á Dª Xeral de Ordenación e innovación educativa, Judith Fdez Novoa

Inauguramos este curso coa renovación e ampliación da nosa biblioteca e contamos coa visita da Directora Xeral de Ordenación e Innovación Educativa a quen lle pedimos unha entrevista para coñecer cales foran as suas impresións. Queres saber que lle preguntou o noso equipo de voluntariado? Preme no reproductor e coñecerás un pouco máis a nosa entrevistada e verás que boas entrevistas fai o noso equipo. Grazas pola visita!