Microrrelatos de medo gañadores

Rut leunos o seu relato de medo, gañador do concurso: terrorífico!!!

Lucía leunos o seu relato finalista: “Sen tocala”

Advertisement

ENTREVISTA AO NOSO GRUPO “TEATRO DAS MANIOTAS”

Antes de que se nos vaian, conseguimos unha entrevista a algunhas das componentes do noso grupo de teatro “Teatro das maniotas” que veñen de recibir o Premio Buero de Tetaro Joven e optan a un dos tres primeiros premios estatais.

Ademais de felicitalas e dicirlles o orgullosas que estamos delas, quixemos saber como é a experiencia de estar nun grupo de teatro xuvenil. Queres coñecer a súa experiencia?

 <p>

ENTREVISTA Á NOSA COMPAÑEIRA LAURA SANZ

A nosa compañeira Laura Sanz foi finalista no concurso de canto Rockschool 2022 e aproveitamos para entrevistala e coñecer un pouco máis a súa traxectoria. Non deixedes de apreciar como canta vendo o seu vídeo aquí: unha marabilla!.

Moitos parabéns, Laura, seguro que han vir moitos máis éxitos!

Ir a descargar

ESTAMOS DE ESTREA: XERASÓN Z!

Estamos de estrea: un novo programa nas ondas da Radio emBRIÓN!. Ideado, producido e realizado polo alumnado de Linguaxe e práctica musical de 1º de Bacharelato conta con varias seccións: música urbana, cancións da nosa vida, bandas sonoras, música galega, instrumentos e concurso co profesorado!

Unha vez ao mes poderemos escoitar o que xa está no top dos nosos programas favoritos! Que seccción che gusta máis?: Son de aquí? Cine vinilo? Non vas poder escoller porque todas son boísimas!

A LENDA DA PONTE PÍAS

Tivemos a sorte de recibir unha visita moi especial: Luciano Pena, veciño de Ons e gran coñecedor da historia de Brión. O alumnado que fixo o roteiro na materia de Educación Física foi acompañado por veciños de Ons, entre eles Luciano, que cunha gran sabedoría foilles contando múltiples historias e curiosidades acerca da toponimia e da historia dos lugares máis sinalados na rota. Un dos relatos que encandilou ao alumnado foi este que vos presentamos e que tivo a ben vir contarnos á nosa radio. Unha delicia e un luxo escoitalo, non o perdades!