OBRADOIRO DE RADIO

Cada ano temos unha actividade de formación na nosa radio. Este ano non ía ser diferente e estivo canda nós Pedro Iglesias que nos preparou dúas xornadas nas que aprendemos os principais elementos a ter en conta para facer un bo podcast e fixemos as primeiras prácticas. Agora a poñer en práctica todo o aprendido!