Este curso estamos a por en marcha un proxecto de radio escolar co obxectivo de dinamizar e mellorar a convivencia no IES de Brión, un proxecto que bautizamos co nome de RADIO emBRIÓN, insertado dentro da programación da materia de Proxecto Interdisciplinar en 1º de ESO pero tamén aberto a todos os alumnos que queiran participar.
A día de hoxe xa fixemos varios programas que están colgados na páxina do IES e outros que están en proceso. Tamén temos un programa de futbol, tertulias, cine, divulgación, cociña, informativos… todo o que se poida facer dende unha radio escolar. Pouco a pouco verán a luz.
Queremos que os alumnos sexan os protagonistas, fomentar a súa responsabilidade como ” xornalistas “, motivar o seu interese pola comunicación oral e escrita e facilitar un medio de comunicación para a comunidade educativa de Brión.
Tamén temos un blog onde podedes participar cas vosas opinións,críticas,suxestións… e así facer que este proxecto mellore día a día.
O de ir a radio foi una boa idea porque foi moi divertido.
Eu fixen de publico e tamen lle preguntei as preguntas do meu equipo a Maria Tilve .A primeira vez que falamos na radio todos estaban moi nerviosos e estabamos rindonos todos , pero despois do primeirom dia xa non nosriamos todos mais ben ningun menos Irene que nunca para de rirse