A LENDA DA PONTE PÍAS

Tivemos a sorte de recibir unha visita moi especial: Luciano Pena, veciño de Ons e gran coñecedor da historia de Brión. O alumnado que fixo o roteiro na materia de Educación Física foi acompañado por veciños de Ons, entre eles Luciano, que cunha gran sabedoría foilles contando múltiples historias e curiosidades acerca da toponimia e da historia dos lugares máis sinalados na rota. Un dos relatos que encandilou ao alumnado foi este que vos presentamos e que tivo a ben vir contarnos á nosa radio. Unha delicia e un luxo escoitalo, non o perdades!