ESTAMOS DE ESTREA: XERASÓN Z!

Estamos de estrea: un novo programa nas ondas da Radio emBRIÓN!. Ideado, producido e realizado polo alumnado de Linguaxe e práctica musical de 1º de Bacharelato conta con varias seccións: música urbana, cancións da nosa vida, bandas sonoras, música galega, instrumentos e concurso co profesorado!

Unha vez ao mes poderemos escoitar o que xa está no top dos nosos programas favoritos! Que seccción che gusta máis?: Son de aquí? Cine vinilo? Non vas poder escoller porque todas son boísimas!