Oriéntate

logo_radionabiblioNovo programa coa colaboración da orientadora do IES de Brión, Esperanza López Cordido, onde entrevistamos a persoas que nos contarán a súa experiencia nos estudos que fan ou fixeron para axudar ao noso alumnado a escoller o seu futuro académico. Hoxe foi especial, alumnado de 1º de ESO (Alejandra Martínez, Alba Castro, Antía Martínez, Lorena González, Nerea Raña e Mauro Barreiro, tamén Claudia Alonso no control de son ) nos contan como foi o paso de primaria a secundaria e como ven o IES de Brión ).

Manifesto no día de Rosalía de Castro

logo_radionabiblioVolve RADIO emBRIÓN, a radio do IES de Brión cun proxecto selecionado pola Consellería de Educación para o programa ” radio na biblio ” ( trinta en Galicia ) e deseñado pola Escola de Imaxen e Son de A Coruña. Que mellor que co gallo do día de Rosalía, 24 de febreiro. Para celebrar o día tivemos no centro un festival cheo de música e poesía, e como remate leuse un manifesto que recolle moitas das cousas que reivindicou Rosalía nos seus poemas. Aínda que cuns días de retraso viñeron á radio Sandra Vidal e Tania García de 1º de BACH que foron as presentadoras do evento para declamar o manifesto. Parabéns ao alumnado que participou e profesorado que o preparou.

Relatos de Samaín

logo_radionabiblioAlumn@s de 1º de ESO, Xiana Bragaña, e Violeta Fornés, Manuel García e Juan Ferreiro, Claudia Rodríguez e Catuxa Fernández, escribiron uns relatos de Samaín na clase de Lingua Galega coa profesora Paché Vázquez e viñeron á radio a lelos. Parabéns a tod@s pola calidade. P.D. Escoitar preferiblemente no ordenador e sobre todo, non escoitalos antes de durmir.

” Gústame o galego “. Carmen García, profesora de E. Física do IES de Brión

Carmen García Fernández, de nai galega e pai asturiano, naceu en Asturias, na zona mineira de Sama de Langreo. Estudou EXB, BUP e COU en Xixón e logo trasladouse á USC, onde participou en grupos estudiantís e aí comezou a falar en galego, licenciouse en Pedagoxía e aprobou a oposición para ensino secundario pola especialidade de E.F. Tivo varios destinos ata chegar ao IES de Brión. Participaron na entrevista Clara Cidrás, Iria Gosende, Sandra Vidal, Inés Ferreiro e Alejandro Ariza, alumnado de 4º de ESO comprometido có idioma galego. Parabéns polo traballo ! Rematamos a sexta tempada de RADIO emBRIÓN. Boas vacacións de verán e ata o vindeiro curso !

Plan Proxecta : ” O mundo que queremos “

O alumnado de 1º de ESO do IES de Brión participou este curso, xunto con outros cinco centros de Galicia, no plan proxecta ” o mundo que queremos “, onde tiveron a oportunidade de facer obradoiros de fotografía, teatro e radio para reflexionar sobre o mundo que nos tocou a vivir e que podemos facer para melloralo, coa participación das ONGs  Solidaridade Internacional de Galicia, Educo e Agareso ( asociación galega de reporteir@s solidari@s ). Participaron neste programa para dar a coñecer o que fixemos os alumn@s Iago Iglesias, Xabi López, Tiago Larramendi e Luna Prieto, María Caride e Noa Devesa de Solidaridade Internacional de Galicia e Rocío Cadahía de Agareso. P.D Escoitar mellor no ordenador que no móbil.

Entrevista a Xacobo Novo, alumno de 1º de ESO

Xacobo Novo Rincón, alumno de 1º de ESO no IES de Brión contóunos como naceu esa afección polo judo e o que significa na súa vida, chegou a ser campión de Galicia. Tamén lle gusta montar a cabalo. Participaron na entrevista as súas compañeiras Yara Rial, Valeria Torres, Noa Vilas, Iria Viturro e Xosé García. P.D. Escoitar mellor no ordenador que no mobil.

“Gústame o galego”. Pura Galán, coordinadora das equipas de dinamización da lingua galega na provincia da Coruña.

Pura Galán Boutureira é profesora de galego na Escola Oficial de Idiomas da Coruña e a dia de hoxe  asesora docente e coordinadora das equipas de dinamización lingüística da provincia da Coruña no gabinete provincial dependente da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Pura contóunos, dun xeito moi ameno, como medrou ese amor pola nosa lingua nunha familia galego-falante en Oleiros pero, como en moitas familias, a lingua que se lle falaba aos fillos era o castelán. Participaron na entrevista alumnas de 4º de ESO moi interesadas neste tema, Iria Gosende, Clara Cidrás, Inés Ferreiro, Sandra Vidal e Alejandro Ariza. P.D. Escoitar mellor no ordenador que no tlfno.

Excursión a Cantabria

O alumnado de 4º de ESO, Antía Cunqueiro, Tania García, Aroa Carballeira e Christian Lapido cóntannos a excursion que fixeron a Cantabria acompañados polas profesoras Noa Carrera, Nanina Santos e Suso Sambade. Segundo o que contaron foi un éxito total. Parabéns a tod@s! Desculpas polos problemas de son de dous micros.

Entrevista a Javier Vila Martínez, tenente coronel do exército de terra

Por primeira vez temos un militar na nosa radio. Javier naceu en Ferrol e ingresou na academia militar de Zaragoza no ano 1987. Estivo destinado en Asturias, Madrid e A Coruña pero destacan as súas misións internacionais en Bosnia, Kosovo, Haití, Turquía, Somalia e Líbano. Tamén subliñar que a día de hoxe é integrante do equipo de inspección da OTAN. Organizaron esta entrevista alumn@s de 1º de BACH, Carlota Patiño, Noa Pérez, Gabriel Mirazo e Daniel Casal.  P.D. Escoitar mellor có ordenador que có teléfono.

Entrevista a Ramón Pérez Rey, ex director do CEIP Agro do Muíño

Ramón, agora xubilado, foi mestre toda a vida  en diferentes destinos e nos últimos anos director dun centro de referencia na contorna, o colexio  Agro do Muíño, polo xeito de relacionarse có alumnado e as familias e levar adiante proxectos innovadores cun claustro moi implicado. Participaron na entrevista as alumnas de 1º de ESO Adela Carril, Antía Cuns, Yara Rial, Noa Vilas, Angela de los Santos e Iria Viturro. P.D. Escoitar mellor có ordenador que có tlfno.