Entrevista ao misioneiro Ismael Piñón

Ismael Piñón López é misioneiro comboniano foi director da revista ” Mundo Negro ” onde se fala de Africa polo que coñece gran parte do continente. Traballou catorce anos en Chad, sobre todo en labores de promoción social con mulleres. Colaborou con Mans Unidas na constucción de escolas. Participaron na entrevista Claudia Alonso, Naiara Calvo, María Patrón e Jaime Miranda de 2º de ESO.

Relatos de Samaín

Este ano o IES de Brión sumouse, ao igual que moitos centros de toda Galicia á celebración do Samaín.
No noso centro leváronse a cabo as seguintes actividades:
Concurso de relatos de medo, que tivo como gañadoras e gañador ao seguinte alumnado:
1º premio: María Dubert Trillo, Antía Noya Fernández e Noa Sixto Bermúdez do curso 2º ESO C
2º premio: Gabriel Ramos Caamaño de 4º A
3º premio: Antela Casas Cabaleiro de 2º C
Concurso de decoración de cabazas, cuxo premio recaeu na alumna Sarela Rodríguez Pérez.
Asimesmo fíxose lectura e representación nas aulas dos relatos de medo creados. Todo isto estivo complementado cunha xornada de xogos populares organizada polo Departamento de Educación Física e como non, un magosto co que non deleitamos tod@s.

Visita á COPE

Catorce alumn@s de primeiro a cuarto de ESO, encargados de controlar o son na radio do IES de Brión visitaron os estudos da COPE en Santiago de Compostela onde puideron ver in situ como é a redación, os estudos e o control de son, asemade participaron na programación do día con distintas actividades que tiñan preparadas para el@s. Angela Amandi, Aroa Montero e Alexandra Bugallo de 1º de ESO, en nome de tod@s, cóntannos como foi a experiencia. Alejandro González e Lucas Ces, tamén de 1º de ESO controlaron o son. Grazas á COPE, e sobre todo a Patricia Iglesias e Paula Pájaro, por un día tan especial.

” Co galego a todas partes “. María Patrón, alumna de 1º de ESO.

Como derradeiro programa deste curso entrevistamos a María Patrón, alumna de 1º de ESO, admiradora de Rosalía de Castro e defensora do galego.Participan no programa as súas compañeiras Naiara Calvo, Lucía Suárez e Candela Regueiro, tamén de 1º de ESO, e no control de son Pablo Dopazo e Adan Maroñas de 3º de ESO. Grazas a tod@s e no vindeiro curso seguiremos traballando a prol do idioma galego desde a radio.

 

” Co galego a todas partes”. Maruxa Garaboa, alumna de 1º de ESO.

logo_radionabiblioDentro dos programas que gravamos desde o dpto de dinamización lingüística adicados a entrevistar a persoas comprometidas co noso idioma, hoxe temos a unha alumna que leva por bandeira a defensa da nosa lingua, Maruxa Garaboa Penabad que se estrea este curso no instituto. Colaborou Hans Santos de 1º de ESO e no control de son estiveron Ahinoa Botana e Unai Peral, do mesmo curso. Parabéns a tod@s e co galego a todas partes!

“Co galego a todas partes”: Hans Santos, alumno de 1º de ESO

logo_radionabiblio” Co galego a todas partes ” é a campaña do dpto de dinamización lingüística para este curso e por iso entrevistamos a Hans Santos Solla, alumno de 1º de ESO, galego falante e concienciado no amor a nosa lingua. Participaron na entrevista os seus compañeiros Mauro Barreiro e Pablo Docasar e no control de son estiveron Maruxa Garaboa e Luzía Lois de 1º de ESO, axudadas por Adan Maroñas e Pablo Dopazo de 3º de ESO. Parabéns a tod@s!

1º de ESO vai de excursión ás médulas

logo_radionabiblio O alumnado de 1º de ESO foi de excursión ás médulas e veu á radio a contarnos a experiencia.Participan María Patrón, Lucía Suárez, Alejandro Rey, Antón Pérez,Martín Blanco e Antía Martínez. No control de son estivo Unai Peral ( 1º ESO ) e Pablo Dopazo e Pedro Pardiñas ( 3º ESO ).

Día das Letras Galegas : Antón Fraguas

logo_radionabiblioDesde o dpto de dinamización lingüística e a radio organizamos este programa co gallo das letras galegas 2019 en homenaxe a Antón Fraguas Fraguas. Participaron as alumnas de 1º de ESO: Rebeca González, Candela Regueiro, Claudia Alonso, Antía Martínez, Alejandra Martínez, Lucía Suárez e María Patrón. Parabéns!

Entrevista á ex alumna Ana Souto

logo_radionabiblioAna Souto Villanustre foi alumna do IES de Brión entre o 2007 e o 2013, estudou 1º de BACH en EEUU cunha beca da fundación Barrié e logo cursou o grao de Tradución e Interpretación na universidade de Vigo e un Erasmus en París. A día de hoxe traballa como asistente dunha profesora cega de español en París. Participaron na entrevista alumnas de 2º de ESO, Iria Viturro, Noa Vilas e Elena de los Santos e tamén a orientadora Esperanza L. Cordido. No control de son Adan Maroñas e Pablo Dopazo de 3º de ESO. Moi interesante!

Fabiola e Lucía cóntannos a súa viaxe a Hungría en semana santa

logo_radionabiblioLucía Suárez ( 1º ESO ) e Fabiola Peraza ( 3º ESO ) fálannos da súa viaxe a Hungría en semana santa por mor dun troco cultural do grupo de música galega ao que pertencen, Chorima. Participaron na entrevista alumnado de 1º de ESO, María Patrón, Candela Regueiro e Hugo Rodríguez. No control de son estivo Claudia Alonso ( 1º ESO ) e Adan Maroñas e Pablo Dopazo ( 3º ESO ).