Catorce alumn@s de primeiro a cuarto de ESO, encargados de controlar o son na radio do IES de Brión visitaron os estudos da COPE en Santiago de Compostela onde puideron ver in situ como é a redación, os estudos e o control de son, asemade participaron na programación do día con distintas actividades que tiñan preparadas para el@s. Angela Amandi, Aroa Montero e Alexandra Bugallo de 1º de ESO, en nome de tod@s, cóntannos como foi a experiencia. Alejandro González e Lucas Ces, tamén de 1º de ESO controlaron o son. Grazas á COPE, e sobre todo a Patricia Iglesias e Paula Pájaro, por un día tan especial.